Naturaleza íntima

Ven y camina…

“Esta rebola está eiqui desde que se fixo o mundo…”

Los Ancares, de Cervantes, conforman uno de los territorios con una personalidad más acusada da alta montaña gallega. Y no sólo se singulariza por la pervivencia de sus formas de habla, o de sus costumbres ancestrales, la arquitectura vernácula de las cubiertas de paja, sino por su paisaje forestal. En las umbrías más escarpadas de los valles tallados por los ríos, da Vara, dos Carneiros, da Cabana, o de Donís, o de Moreira…, se encuentran los rodales mejor conservados de los bosques que algún día cubrieron las montañas de Galicia. El paso de los siglos y la actividad humana fueron confinando el bosque. Las cortas de robles para las construcciones navales, para las traviesas del ferrocarril, aquella agricultura tradicional de rozas (bouzas), la ganadería que sólo valoraba el pasto que encontraría a la primavera siguiente,… el fuego ignorante que arrasó cientos de hectáreas, fueron reduciendo aquellos maravillosos espacios de vida.

Val de BarreiroEl bosque es el principal atractivo del paisaje de Ancares. El color de la Sierra, esa atmósfera de neblinas que parecen difuminarlo todo, borrando los perfiles de las cumbres de Pena Rubia, de la Campa do Cimbro y los Penedois, del Pico de Bueyes, de Cuerno Maldito y el Pico Lanza, de la Golada da Toca, o de las Redondas, y los del Mustallar y el Cuíña…, solo se explica con los bosques que se estiran ladera arriba en la Cabaña Vella, en las morteiras de Brego, de Penabolosa y Ortigal, o en el Val de Barreiro, en la Reguera de Buxicide, en el Val del Capudre, en las umbrías de Vilarello, en Agulleiro y Villous… en los sotos de castaños acogidos a la hondura de sus valles. Sin árboles, aunque la morfología geográfica sea imponente, no hay vida. Sólo el árbol en conjunto, formando bosques, es capaz de expresar nuestra idea del cosmos. En un bosque, sin importar la clase de árboles que lo forman, ni sus calidades, sino el conjunto todo.

Los bosques de Ancares están constituidos por multitud de especies. Aunque predominan el roble y el abedul, las matas de acebos, la arboladura de los arces, los avellanos, los serbales,… la sorpresa de un tejo, contribuyen a enriquecer, a diversificar, a dar ese matiz de bosque primitivo que solo nuestra tierra ancaresa conserva.

Los montes forman parte de la vida de los pueblos. Nadie mejor que las ancaresas y los ancareses pueden explicar esta interrelación. A lo largo de los siglos, el monte los amparó. En las umbrías y solanas, en sus campas, en las “charcas” de las cabeceras de sus ríos encontraban el pasto para sus ganados. En los días del menguante de octubre buscaban en las morteiras los pies de los viejos robles y castaños que erguirían un nuevo teito; o el codo de una galla de abedul con la que hacer una cambela, aquel humilde arado que abriría la tierra en busca de una nueva cosecha, o el mango de una herramienta. En el monte encontraban la madera dócil del abedul con la que poder hacer unas galochas, o las ramas de avellano que pasadas por el fuego le facilitarían las láminas con la que elaborar una cesta en las noches eternas de invierno. No hace falta hurgar mucho en los restos de su arquitectura o reparar en los entrañables muebles de sus viviendas, en los escaños y alacenas para encontrar este vínculo.


Ven e camiña…

“Esta rebola está eiqui desde que se fixo o mundo…”

Os Ancares, de Cervantes, conforman uns dos territorios cunha personalidade máis acusada da alta montaña galega. E non só se singulariza pola pervivencia das súas formas de fala, os seus costumes ancestrais, a arquitectura vernácula de cubertas de palla, senón pola súa paisaxe forestal. Nos avesedos máis escarpadas dos vales tallados polos ríos, da Vara, dos Carneiros, da Cabana, o de Donís, o de Moreira…, atópanse os rodais mellor conservados dos bosques que algún día cubriron as montañas de Galicia. O paso dos séculos e a actividade humana foron confinando o bosque. As cortas de rebolas para as construcións navais, para as travesas do ferrocarril, aquela agricultura tradicional de rozas (bouzas), a gandería que só valoraba o pasto que atoparía á primavera seguinte,… o lume ignorante que arrasou centos de hectáreas, foron reducindo aqueles marabillosos espazos de vida.

Val do río da VaraO bosque é o principal atractivo da paisaxe de Ancares. A cor da Serra, esa atmosfera de brétemas que parecen difuminalo todo, borrando os perfís dos cumios de Pena Rubia, da Campa do Cimbro e os Penedois, do Pico de Bois, de Corno Maldito e o Pico Lanza, o da Golada da Toca, o das Redondas, e os do Mustallar e o Cuíña…, só se explica cos bosques que se estiran ladeira arriba na Cabana Vella, nas morteiras de Brego, de Penabolosa e Ortigal, ou no Val de Barreiro, na Regueira de Buxicide, no Val do Capudre, no Avesedo de Vilarello, en Agulleiro e Villous… nos soutos de castañeiros acubillados na fondura dos seus vales. Sen árbores, aínda que a morfoloxía xeográfica sexa impoñente, non hai vida. Só a árbore en conxunto, formando bosques, é capaz de expresar a nosa idea do cosmos. Nun bosque, sen importar a clase de árbores que o forman, nin as súas calidades, senón o conxunto todo.

Os bosques de Ancares están constituídos por multitude de especies. Aínda que predominan a rebola e a bidueira, as matas de acebos, a arboladura dos pradairos, as abrairas, os capudres,… a sorpresa dun teixo, contribúen a enriquecer, a diversificar, a dar ese matiz de bosque primixenio que só a nosa terra ancaresa conserva.

Os montes forman parte da vida dos pobos. Ninguén mellor que as ancaresas e os ancareses poden explicar esta interrelación. Ao longo dos séculos, o monte amparounos. Nos seus avesedos e solaos, nas súas campas, nas “charcas” das cabeceiras dos seus ríos atopaban o pasto para os seus gandos. Nos días do minguante de outubro buscaban nas morteiras os pés das vellas rebolas e castañeiros que erguerían un novo teito; o cóbado dunha galla de bidueira coa que facer unha cambela, aquel humilde arado que abriría a terra en busca dunha nova colleita, ou o mango dunha ferramenta. No monte atopaban a madeira dócil da bidueira coa que poder facer unhas galochas, ou as polas de abraira que pasadas polo lume facilitarían as brengas para elaborar un mego, unha goxa ou unha banastra nas noites eternas de inverno. Non fai falla furgar moito nos restos da súa arquitectura ou reparar nos entrañables mobles das súas vivendas, nos seus escanos, cunqueiros e lacenas para atopar este vínculo.

(Texto elaborado por Alfredo Rodríguez Rodríguez)

Powered By WordPress | Hotel Vivanta